Este curso imos ter un segundo libro de lectura conxunta. Vén vir ao cole Jorge Campos, escritor e ilustrador, que vai facer un obradoiro de cómic cos peques. Xa vos avisarei máis adiante da data, polo de agora non está confirmada. Nós imos traballar na aula cos tomos 1 e 2 de Capitán Lentella. Imos facer variadas actividades relacionadas co mundo do cómic. Ademais como ten temática espacial, pois os peques están moi motivados, xa que é un tema que lles está a gustar.
Sortearon na clase que nenos ían coller o 1 , e cales ían traer o 2. E logo, compartiranos.
Quedou tal que así.
Tomo 1. Xoel, Cristian, Einar, Yéremi, Irina, Brayan, Xiana S.
Tomo 2. Diego, Lara, Sofía, Daniela, Valentina, Xiana R., Lucas.
Este libro tamén está editado en castelán, que ten outras portadas, con cores diferentes. Fixádevos que sexan a edición en galego, de Xerais.