xoves, 6 de febreiro de 2025

DISFRAZ ENTROIDO

Este ano, con motivo do proxecto da noite, que estamos en ciencias co espazo, e que o libro de lectura ten lugar no espazo, imos ir de viaxeiros espaciais do futuro. 

Aquí vai o que van precisar. 

O propio día traerán (28 de febreiro):

Unha ou dúas camisetas brancas de manga larga por debaixo, preferiblemente sen ningún debuxo que poida transparentar. Dependerá da meteoroloxía do día. (térmicas, interiores, o que sexa despois poñible para eles/as)

Para abaixo, un pantalón branco, tipo deportivo, chándal ou cargo ou de baile con bolsillos, etc.






Calzado que sexa branco, prateado, gris ou calquera das súas combinacións na súa maior parte.




Para as mans , guantes (luvas) brancos sen dedos. Se non atopedes sen dedos, que traian dos enteiros.







E agora, o que teñen que traer a clase.

- Unha camiseta branca de manga longa que vai ir por arriba de todo. Esta camiseta van a pegarlle cousas, non vai a ser usable despois como roupa. Pode ser unha talla máis que a súa, pero non pode quedarlle moi grande senón non queda ben, e ademais vaille ser incómoda. 

- Dúas botellas plástico de refresco ou auga baleiras e ben secas de medio litro. Que sexan un pouco robustas, como as de FonteCelta ou Solan de Cabras.  


E o material para compartir que o reparto entre os nenos/as. Fíxeno pola lista de clase. Pero se algún neno/a prefire traer outro material porque xa o teña por casa que me avise. E se non o atopades me dicides que xa solucionamos doutra forma. Nos bazares e papelerías adoita haber todos estes materiais.

- Xoel, Valentina , Yéremi. Unha lámina de goma eva prateada con purpurina. 








- Einar, Daniela, Cristian. Un cartón pluma de tamaño como mínimo como dous folios xuntos (A3) branco, o máis fino que haxa, adoita ser de 3mm ou 5mm de espesor, máis que suficiente, así pésalles menos. Hainos nos bazares. 

- Diego, Lara, Xiana R., Irina, Unha "folla" grande de fieltro blanca, o máis finiño posible.
- Brayan. Unha folla grande de fieltro gris, o máis finiño posible. 



- "Tela non tela" laranxa (Xiana S. ), vermella (Sofía) e amarela (Lucas). Tamén a chaman tela non tejida, ou "tejido" sin tejer. Ten como uns puntiños, e é moi lixeira. Véndese en rolos longos. 












Ningún comentario:

Publicar un comentario